Lugo10

EuroClusTex

EmpregaTex

ACTIVIDADES

MáIS DE 500 PERSOAS ASISTEN áS CHARLAS INFORMATIVAS DO PROGRAMA EMPREGATEX PARA RECOLOGAR áS PERSOAS DESEMPREGADAS DO TéXTIL 26.03.2010 ORGANIZADOR • Neste proxecto participan a Consellería de Traballo e Benestar, a CEG –a través de COINTEGA- e os sindicatos UGT e CCOO
• Trátase dun dos primeiros acordos do diálogo social, no que están presentes a Xunta, a patronal e os sindicatos UGT e COO; un proceso no que o sindicato CIG decidiu non participar
• A afluencia de público aos eventos informativos de Vigo, Lalín, A Coruña e Ourense superou todas as previsións

DESCRICIóN Máis de 500 persoas xa teñen mostrado o seu interese en participar no programa Empregatex, destinado a recolocar aos desempregados do téxtil, o que supón un éxito que está a superar as previsións das entidades organizadoras da iniciativa. Ata o momento, celebráronse tres charlas divulgativas en Vigo, onde asistiron 150 persoas; en Lalín, con 200 participantes; e hoxe en A Coruña, onde houbo unha afluencia que superou ás 200 persoas.

Este proxecto ten como obxectivo recolocar no mercado laboral ás persoas desempregadas do téxtil que quedaron sen un posto de traballo nos últimos nove meses. No mesmo participan a Consellería de Traballo e Benestar, a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), patronal téxtil, e os sindicatos, UGT e CCOO.

Ante as críticas vertidas polo sindicato CIG, o departamento de Traballo do Goberno autonómico lembra que este acordo foi acadado no marco do diálogo social, un proceso no que a CIG declinou participar por iniciativa propia, polo que en ningún caso se trata dunha exclusión realizada pola Administración autonómica, que invitou a todas as centrais sindicais a sentarse á mesa do diálogo social.

Por outra banda, é preciso sinalar que é falso que o programa sexa “discriminatorio” posto que os beneficiarios son desempregados do sector, independentemente de como perderan o seu posto de traballo: por despedimentos individuais, por un expediente de regulación de emprego ou por un proceso concursal.

De feito, a pesares do sinalado polo sindicato, o programa non se destina só a recolocar aos desempregados no sector téxtil, senón que se dirixe a integralos no mercado laboral nos sectores onde existan posibilidades de emprego. De aí precisamente que se trate dun itinerario personalizado para os participantes do mesmo.

Ata o momento, téñense iniciado as primeiras charlas divulgativas, polo que non sería rigoroso sinalar que os cursos non teñen utilidade, cando estes aínda non se teñen programado, xa que con anterioridade hai que establecer os citados itinerarios de inserción de cada participante e analizar as posibilidades de emprego en cada zona, co fin de garantir a eficiencia máxima das actividades formativas.

Fases do programa
As charlas divulgativas que se celebraron esta semana en Vigo, Lalín e A Coruña, e que mañá continúan en Ourense, forman parte da primeira das catro fases para elaborar os itinerarios personalizados de cada unha das persoas desempregadas que participen na iniciativa, o elemento central do programa para asegurar a consecución dun posto de traballo.

A continuación, manteranse reunións con asociacións e empresas de diversos sectores co obxectivo de crear unha rede de entidades implicadas na inserción das persoas desempregadas.

A terceira fase consistirá en realizar un diagnóstico personalizado de cada persoa para coñecer as súas posibilidades reais de incorporación ao mercado laboral. Farase especial incidencia nos desempregados de máis idade que queren seguir a traballar co obxectivo de contribuír a reducir o desemprego entre este colectivo.

Por último, deseñaranse os itinerarios de inserción laboral personalizados para determinar o programa no que pode encaixar cada persoa.

Unha vez elaborados os itinerarios, poranse en marcha os diferentes programas para lograr o fin último, a inserción laboral.

Seis programas
Por unha banda, levaranse a cabo tres programas verticais (TexMellora, InsireTex e TexCreación), que serán temáticos o específicos enfocados a un grupo concreto de persoas en función das súas perspectivas.

Por outro lado, realizaranse programas horizontais de reforzo (MoveTex, TexTic e TexConcilia), que incidirán na mobilidade, formación en novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e na conciliación da vida familiar e persoal.

ENLACE



   


El textil gallego lanza su ofensiva contra la crisis en China y México La Xunta lanza la I Guía de RSE para el sector textil LEER MÁIS NOVAS DO SECTOR
COMUNICADOS
Cointega ha recibido la resolución aprobatoria de las ayudas a las Agrupaciones Empresariales (Clústers) Innovadoras Convenio Textil-Confección 2011 - 2012 - 2013 LEER MÁIS COMUNICADOS
DOSSIER DE PRENSA
Acotex impulsa la primera patronal de referencia para el negocio de la moda en toda España Graduación II Promoción Moda LEER MÁIS DOSSIER DE PRENSA
Logo Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia

Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Plan Avanza – Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
DISEÑO WEB