A Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e Pontevedra, traballa dende o ano 1977 na representación, xestión, promoción e defensa dos intereses profesionais das empresas membros da Asociación.
CONCLUSIÓN OBSERVATORIO INDUSTRIAL DO SECTOR TEXTIL E DA CONFECCIÓN 08.07.2010No ambito do Dialogo Social no ano 2004 sucribiuse un Acordo Marco de Colaboración entre o Ministerio de Industria , Turismo e Comercio, a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO), para fomentar o desenvolvemento e modernización dos sectores industriais máis relevantes a través da creación dos Observatorios Industriais.
O Observatorio Industrial é un foro de encontro permanente e unha ferramenta para a análise e mellora da competitividade do sector téxtil e da confección.