Lugo10

EuroClusTex

EmpregaTex

Novas do Sector | Comunicados | Dossier de Prensa

NOVAS. DOSSIER DE PRENSA

O téxtil galego denuncia a "falta de sensibilidade" por parte do COE ao encargar os seus uniformes a unha sinatura china 02.05.2008 A Asociación de Empresas de Punto e Confección das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (AIPC) mostrou hoxe a súa "sorpresa" e "malestar" ante a decisión do Comité Olímpico Español (COE) por encargar o deseño e a elaboración dos uniformes do equipo olímpico á sinatura chinesa Li-Ning.

A asociación, que agrupa un centenar de empresas de tres provincias galegas, recoñece que, como organismo independente, o COE pode realizar os encargos a calquera empresa que opere no ámbito internacional da moda. Se ben, considera que o feito de que non se elixira unha sinatura nacional responde a "unha grande falta de sensibilidade" cara ao sector téxtil español, sobre todo tendo en conta a importancia dun acontecemento deportivo como son as olimpíadas.


Así, a AIPC mostrou o seu respaldo á postura do Consello Intertextil Español, do que forma parte, ao considerar que "actuacións como estas son un reflexo de como no noso país se deixan pasar oportunidades que, con toda seguridade outros países, con orgullo, non se deixarían escapar".

A patronal do sector sinalou que a moda española "goza dun gran recoñecemento e proxección internacional" ao tempo que recordou que se trata dun ámbito que, con máis 6.000 empresas e 170.000 traballadores, "padece unha profunda transformación" como consecuencia da competencia asiática, "principalmente de China".

(Europa Press)

ENLACE


   

El textil gallego lanza su ofensiva contra la crisis en China y México La Xunta lanza la I Guía de RSE para el sector textil LEER MÁIS NOVAS DO SECTOR
COMUNICADOS
Cointega ha recibido la resolución aprobatoria de las ayudas a las Agrupaciones Empresariales (Clústers) Innovadoras Convenio Textil-Confección 2011 - 2012 - 2013 LEER MÁIS COMUNICADOS
DOSSIER DE PRENSA
Acotex impulsa la primera patronal de referencia para el negocio de la moda en toda España Graduación II Promoción Moda LEER MÁIS DOSSIER DE PRENSA
Logo Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia

Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Plan Avanza – Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
DISEÑO WEB