Galicia, CC.AA. invitada no próximo Salón Internacional de la Moda de Madrid (SIMM)08.04.2010O certame elexiu esta rexión como protagonista da nova iniciativa, que ten entre os seus obxetivos fundamentais subliñar a través de diversas accións a presencia das firmas galegas participantes, contribuindo a incrementar a sua carteira de clientes, entre os seus mais de 12.000 visitantes nacionais e internacionais
Pontus Veteris e Fashion Portugal, unidas polo Eurocluster da moda26.03.2010A Cámara de Comercio e a Asociación Textil do país veciño firmaron onte un convenio de cooperación
Deseñadores galegos e lusos intercambiaranse para desfilar nas pasarelas de Oporto e Pontevedra
A Xunta pon en marcha Empregatex, un plan de 3 millóns de euros destinados á inserción laboral dos desempregados do sector textil15.03.2010A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o titular de Economía e Industria, Javier Guerra, presentaron hoxe en rolda de prensa o primeiro proxecto consensuado no seno do diálogo social.
A iniciativa prevé beneficiar a aproximadamente 500 persoas desempregadas nos últimos nove meses.
EmpregaTex, que incidirá na igualdade de oportunidades, comezará a próxima semana en Vigo e terá unha duración aproximada de 24 meses.
O elemento central será o deseño de itinerarios de inserción personalizados para asegurar a consecución dun posto de traballo.
Inclúe o desenvolvemento de programas específicos para a recolocación das persoas desempregadas noutros ámbitos do téxtil, noutros sectores emerxentes como os servizos sociais e para fomentar o autoemprego.
O plan inclúe bolsas de axudas económicas por valor de 400.000 euros para contribuír a que as persoas poidan asistir ás accións formativas sen que a mobilidade e a conciliación representen un impedimento.